Que tipos de arquivos soporta?
Soporte completo para os dous formatos máis comúns na industria: LAS, LAZ (comprimido), con posibilidade de obtelos directamente dende URLs.
Soporte completo para os dous formatos máis comúns na industria: LAS, LAZ (comprimido), con posibilidade de obtelos directamente dende URLs.
O framework está deseñado para o seu despregamento en clusters HPC (High Performance Computing). Para tarefas de preprocesamento e Machine Learning clásico, VL3D++ funciona en estacións de traballo convencionais. Non obstante, para execucións de Deep Learning, recoméndanse equipos high-end con GPUs de última xeración que conten con polo menos 32 GB de VRAM para garantir un rendemento óptimo en nubes de gran escala.
Non. O framework ofrece pipelines preconfigurados de minado, adestramento e predición para os casos máis comúns, permitindo obter resultados profesionais cunha configuración mínima en Python.
Si. Grazas á súa arquitectura de procesamento por mallas (Tile-based processing) e decimación intelixente, é capaz de analizar extensións territoriais completas sen limitacións de memoria RAM.
Si, o framework distribúese baixo a Licenza MIT. Esta é unha licenza de código aberto altamente permisiva que permite o uso, copia, modificación, fusión, publicación, distribución e venda do software, tanto para fins académicos como comerciais, coa única condición de incluír o aviso de copyright orixinal.